Tradución

Exactitude e precisión cunha ollada humana, creativa e adaptada a cada contexto e a cada cliente.

TRADUCIÓN AUDIOVISUAL

TRADUCIÓN FREELANCE

INGLÉS - ESPAÑOL

INGLÉS - GALEGO

FRANCÉS - ESPAÑOL

FRANCÉS - GALEGO

PORTUGUÉS - ESPAÑOL

PORTUGUÉS - GALEGO

TRADUCTOR EN GALICIA

TRADUCIÓN LEGAL

TRADUCIÓN PUBLICITARIA

#tradución

TRADUCIÓN profesional

Ofrezo servizos de tradución na miña principal combinación lingüística, do inglés ao galego ou ao castelán, así como traducións desde o francés e o portugués. Aínda que a tradución audiovisual é a miña especialidade principal, conto cunha ampla experiencia na tradución de outros tipos de textos e contidos.

Durante os anos nos que traballei en Absolute Translations como xestor de proxectos, tiven a oportunidade de colaborar estreitamente con numerosos clientes e de comprender en profundidade as súas necesidades reais en ámbitos moi diversos. Esa experiencia permitiume adquirir unha visión global do proceso de tradución e dos requisitos específicos de cada sector.

Máis adiante, xa como tradutor independente, puider aplicaren todos eses coñecementos a cada proxecto. Son plenamente consciente da importancia do rigor e da precisión na tradución legal e xurídica; da necesidade de coñecer o contexto, os referentes e as tendencias no ámbito cultural e artístico; e da importancia de achegar solucións creativas e flexibles en proxectos de comunicación e publicidade.

Creo en traducións fieis ao orixinal, sen caer en literalidades innecesarias. Creo na adaptación ás necesidades de cada cliente, na escoita activa e na comprensión do contexto como base para ofrecer resultados de calidade. Desde un trato humano e próximo, busco crear traducións coidadas, persoais e ben pensadas, especialmente valiosas nunha contorna cada vez máis marcada pola automatización e a intelixencia artificial.

Contacto

Formulario de Contacto – GAL

Se o prefires, podes mandarme un correo ou escribirme un WhatsApp a…

Logotipos de las instituciones que participan y financian el kit digital: financiado por la unión europea - next generacion, vicepresidencia primera del gobierno - ministerio de asuntos económicos y transformación digital, red.es - kit digital y plan de recuperación, transformación y resiliencia del Gobierno de España