TRADUCIÓN | SUBTITULACIÓN | EDICIÓN
Son tradutor audiovisual e especialista en accesibilidade, con máis de quince anos de experiencia traballando entre España e o Reino Unido.
Ó longo da miña traxectoria medrei entre idiomas, culturas e proxectos internacionais, especializándome en subtitulación, audiodescrición e localización de contidos culturais e audiovisuais.
Gústame entender cada proxecto dende dentro e coidar cada detalle para ofrecer solucións rigorosas, sensibles e adaptadas a cada contexto.
Tradución profesional cun toque humano
Ofrezo servizos de tradución dende o inglés, o francés e o portugués cara ó galego e o castelán, combinando exactitude lingüística con sensibilidade cultural e un enfoque humano. Aínda que a tradución audiovisual é a miña principal especialidade, conto cunha ampla experiencia noutros ámbitos da tradución.
Que guía o meu traballo? Apunta!
Rigor e precisión en textos legais e xurídicos
Coñecemento e respecto polo contexto do ámbito cultural e artístico
Creatividade e flexibilidade
Creo en traducións fieis ó orixinal, sen literalidades innecesarias, adaptadas a cada contexto e a cada cliente. Escoitar, entender o propósito do texto e coidar cada detalle é o que me permite ofrecer solucións de calidade, persoais e diferenciadas nun sector cada vez máis dominado pola automatización.
Traballar no que te apaixona é posible
A subtitulación é unha das miñas principais especialidades e unha paixón que me acompaña dende os meus primeiros pasos na tradución audiovisual. Ó longo de máis de quince anos fun desenvolvendo e perfeccionando o meu traballo en subtitulación interlingüística e intralingüística, accesibilidade para persoas xordas ou con perda auditiva e adaptación de contidos para públicos diversos.
Traballei en cine, plataformas de streaming, televisión e festivais, participando en estreas para Netflix e Amazon Prime, así como en subtitulación en directo para TVE mediante técnicas de respeaking. Coñezo en profundidade as normativas de accesibilidade (UNE 153010:2012) e adapto cada proxecto ás necesidades técnicas e comunicativas de cada cliente, cun obxectivo claro: que os contidos cheguen a todas as persoas sen perder matices, ritmo nin emoción.
Amor polos idiomas e atención ó detalle
Ofrezo servizos de edición e revisión de textos en galego e castelán, cunha ollada experta e coidadosa que vai moito máis alá dun simple corrector automático. O meu traballo baséase en entender o ton, o estilo e o obxectivo de cada texto para que soe natural, fluído e coherente para o lector final.
A edición permite mellorar a estrutura e a claridade do texto.
A revisión céntrase en puír aspectos gramaticais, ortográficos e de puntuación.
Sexa cal sexa a túa necesidade, adáptome a ela para ofrecer un resultado final coidado, claro e profesional.
Precisas ter por escrito un vídeo ou audio? Axúdoche!
Ofrezo servizos de transcrición en galego e castelán, con especial atención ós distintos acentos, ó contexto e á corrección lingüística. As transcricións son útiles en ámbitos moi diversos: procesos legais, proxectos audiovisuais, tradución de contidos ou mellora da accesibilidade en webs e plataformas dixitais.
Podo entregar a transcrición como texto continuo ou con códigos de tempo e asignación de falantes, segundo as necesidades de cada proxecto, sempre cun resultado claro, preciso e profesional.
Se o prefires, podes mandarme un correo ou escribirme un WhatsApp a…