Subtitulación e accesibilidade
Ampla experiencia en subtitulación e accesibilidade audiovisual,
con especial atención ó detalle, á calidade e ás persoas usuarias finais.
Subtitulación
subtítulos para cine
subtítulos para series
subtítulos netflix
subtítulos amazon prime
accesibilidadE
subtitulación en directo
accesibilidadE cultural
normativa une 153010
tradución audiovisual
#subtitulacion #accesibilidadE
SUBTITULACIÓN E ACCESIBILIDADE
Un dos ámbitos que máis me atraeu sempre dentro da tradución audiovisual é a subtitulación. Empecei a achegarme a ela durante a carreira e tiven a oportunidade de dar os meus primeiros pasos profesionais grazas á miña colaboración con Pequerrecho Subtitulación. Máis adiante, profundei nesta especialidade durante o máster en Tradución Audiovisual e Accesibilidade na University of Roehampton, xunto a un equipo docente e compañeiros de gran nivel.
Resúltame especialmente interesante a capacidade dos subtítulos para achegar películas, series e contidos educativos a persoas de calquera idioma e contexto. Os subtítulos amplían o acceso á cultura e permiten que as historias viaxen máis lonxe. Son, en moitos sentidos, unha auténtica ventá ó mundo.
Ó longo destes anos tiven a oportunidade de traballar no ámbito do cine, colaborar con festivais de curtametraxes e subtitular numerosas producións e estreas en galego para plataformas como Netflix e Prime Video, entre elas Blonde, Emily in Paris, The Wonder, Athena, They Cloned Tyrone, The Decameron, XO, Kitty, Pulse ou Devil May Cry.
No ámbito da accesibilidade intralingüística, a miña experiencia traballando durante un ano en Multisignes, creando subtítulos en directo para TVE mediante a técnica do refalado (respeaking), permitiume comprender en profundidade as necesidades das persoas xordas ou con perda auditiva. Este tipo de subtitulación require trasladar toda a información que non se percibe unicamente a través da imaxe, como a identificación de personaxes, os sons externos ou os matices emocionais das voces.
Podo asesorarte tanto na aplicación da normativa española UNE 153010:2012 como na creación de subtítulos adaptados a requisitos específicos, como a velocidade de lectura, a segmentación, o número de fotogramas, o tamaño de letra ou o formato. Habitualmente traballo con EZTitles, e tamén teño experiencia con Aegisub, WinCaps, FAB e Swift.
Contacto
Se o prefires, podes mandarme un correo ou escribirme un WhatsApp a…
- abraham@adiaztrad.com
- (+34) 639 26 13 63
