Transcrición
Converte os teus contidos audiovisuais en textos claros, precisos e listos para o seu uso.
transcrición
transcrición de audio
transcrición de vídeo
transcrición legal
audiovisual
textual
codigos de tempo
accesibilidadE
castelÁN
GALEGO
#transcrición
transcrición de audio e vídeo
Ofrezo servizos de transcrición de audio e vídeo en galego e castelán, con especial atención aos distintos acentos, ao contexto e á corrección lingüística. Este traballo require non só un bo oído, senón tamén un coñecemento sólido da lingua para reflectir fielmente o que se di e como se di.
As transcricións son necesarias en múltiples contextos: desde a documentación de chamadas telefónicas con fins legais, ata a preparación de diálogos audiovisuais para procesos de tradución, ou a conversión de contidos sonoros en textos accesibles para páxinas web e plataformas dixitais.
Podo entregar a transcrición como un bloque de texto continuo ou, de forma habitual, con códigos de tempo e a identificación das persoas que interveñen, sempre que se dispoña desa información. En todos os casos, o obxectivo é ofrecer un texto claro, ordenado e plenamente funcional.
Contacto
Se o prefires, podes mandarme un correo ou escribirme un WhatsApp a…
- adiaztrad@gmail.com
- (+34) 639 26 13 63
