Servizos
Que precisas?
Descubre como podo axudarche cos teus textos e contidos.
OS MEUS PRINCIPAIS SERVIZOS
Ofrezo traducións do inglés, francés e portugués ó castelán e ó galego, combinando precisión, creatividade e un enfoque personalizado.
Os meus servizos cobren todo tipo de proxectos, dende contidos culturais e audiovisuais ata textos legais ou académicos.
#TRADUCIÓN
Tradución profesional
Dende subtitulación e material audiovisual ata textos legais, culturais ou publicitarios, busco sempre que cada tradución sexa fiel ó orixinal, natural para o lector e perfectamente adaptada ó seu propósito.
#SUBTITULACIÓN
SUBTITULACIÓN e ACCESIBILIDADe
Traballo con cine, series, televisión e plataformas de streaming, adaptando os subtítulos a normas e necesidades concretas para que os contidos cheguen a todas as persoas.
#EDICION #REVISION
EDICIÓN e REVISIÓN DE TEXTOS
Pulido profesional de textos en galego e castelán, coidando o ton, o estilo, a gramática e a coherencia. Dende axustes na estrutura ata correccións ortográficas e de puntuación, adapto cada texto ó público obxectivo para que flúa e sexa atractivo, coherente e profesional.
#TRANSCRICIÓN
TRANSCRICIÓN DE AUDIO E VÍDEO
Transformo gravacións de audio e vídeo en texto escrito, con atención ós acentos, ó contexto e á claridade. Entrego dende simples bloques de texto ata transcricións con códigos de tempo e asignación de falantes, útiles para tradución, documentación legal ou contidos accesibles.
Contacto
Se o prefires, podes mandarme un correo ou escribirme un WhatsApp a…
- abraham@adiaztrad.com
- (+34) 639 26 13 63
