Ofrezo traducións na miña principal combinación lingüística (de inglés a galego ou castelán) e tamén ofrezo traducións dende o francés e o portugués.

Interésame moito a tradución audiovisual e especialiceime neste ámbito cun Mestrado na Universidade de Roehampton en Londres. Permitiume entender de cheo como traducir e subtitular películas, documentais ou vídeos educativos entre outros. Sei como adaptarme ás súas limitacións para conseguir os mellores resultados; por exemplo, podo adaptar e traducir guións para a dobraxe de películas ao galego baseándome na duración dos planos e na posición dos beizos dos actores.

Durante os anos que traballei en Absolute Translations como xestor de proxectos tamén tiven a oportunidade de estar en contacto con varios ámbitos de la tradución, involucrándome especialmente en proxectos nas áreas da arte e a cultura, legal e xurídico e traducións creativas para publicidade.

Creo nos textos fieis ao orixinal e tamén na adaptación ás necesidades dos meus clientes en cada proxecto para poder ofrecerlles un toque de creatividade ou a miña visión como falante nativo cando faga falta.