Chámome Abraham Díaz López e apaixónanme os idiomas e as culturas. Por iso decidín comezar en 2009 un Grao en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo con inglés e francés como principais idiomas de destino, sendo o galego e o castelán as miñas linguas maternas e de destino.

Grazas á beca Erasmus tiven a oportunidade de estudar na Universidade de Liverpool durante o curso 2010/2011; ademais de empezar a estudar portugués, alí tamén puiden entrar directamente en contacto co idioma e a cultura británica (y tamén coñecín as peculiaridades do acento scouse).

Acabei os dous últimos anos da carreira en Vigo, seguín estudando portugués e comecei a colaborar con LifeInsideUK como tradutor e con Pequerrecho Subtitulación como subtitulador, gañando as miñas primeiras experiencias profesionais e aumentando o meu interese na tradución audiovisual.

Co grao aínda na man, tiven a sorte de iniciar unha segunda etapa no Reino Unido, esta vez en Londres, realizando unas prácticas en Absolute Translations. Despois de tres meses puiden pasar a formar parte como xestor de proxectos do seu equipo fixo. Traballei en Londres durante dous anos e foi un verdadeiro pracer coñecer a un monte de compañeiros, clientes e profesionais da tradución dos que aprendín como funcionaba realmente ese mundo (todos tiveron a paciencia para aguantarme durante ese tempo).

Tamén aproveitei esa etapa para estudar na Universidade de Roehampton un Mestrado en Tradución Audiovisual e Accesibilidade, onde me especialicei nos meus grandes intereses: subtitulado para oíntes e xordos, audiodescripción, dobraxe, voice-over

Estes coñecementos leváronme a comezar unha nova aventura en Cataluña traballando como subtitulador en Multisignes, utilizando a innovadora técnica do refalado para subtitular en directo programas de televisión para TVE. Tamén creei subtítulos para cursos en liña, conferencias e festivais de cine entre outros moitos.

Agora mesmo estou desenvolvendo a miña carreira como tradutor autónomo e espero que este resumo da miña traxectoria che fose útil para coñecerme un chisco mellor e para que vexas o que che podo ofrecer.

Se queres máis información podes poñerte en contacto directamente comigo ou visitar o meu CV para coñecer máis detalles.